Itxu Díaz
Tercer duplicado - Noticia de opinión Bitban
Arte et Alia
Dende a Merca, municipio rural do entorno da capital provincial, Ourense, onde naceu en 1949, a Barcelona, metrópole catalá na que ten a súa vida e o seu reputado estudo de fotografía de moda nestas últimas décadas, velaquí o transo deste gran creativo da imaxe publicitaria. No medio, a vida. Nos últimos tempos está a percorrela de xeito retrospectivo e selectivo, consciente de que os días poden ser iguais para un reloxo mais non para nós, como dixera Proust. Así primeiro en Zaragoza, expoñendo na súa Lonja, entre 2020-2021; e no Museu Tèxtil de Terrassa, L’ull de l’agulla. Trenta anys fotografiant la moda a Catalunya en corenta e dúas fotos entre 1993 e 2023, comisariada por Inma Cortés a comezo deste ano quen, con Silvia Omedes, ambas de la Fundación Photographic Social Vision, seleccionaron con Outumuro o plan expositivo.
“El ángel que nunca fui”, título xeral da mostra ourensá, retranqueira expresión galega que se orixina nunha fonda desilusión súa con sete anos. Comeza cunhas significadas imaxes, trece -mal número si no crece, en castelán, alusión relixiosa cristiá-, “Lembranzas” de esencias vitais
Este espállase, abondoso, polas dúas grandes salas expositivas que ocupan a fronte N do antigo edificio construído por Simeón García entre 1893-1897, obra do arquitecto catalán Antoni Serra i Pujals, que naceu para dedicarse á “compra-venta al por mayor y menor de seda, lana y algodón del Reino y extranjeros”, transformado dende 1996 polos arquitectos Suances, logo da súa compra pola Deputación para dedicalo a centro cultural e multiusos. E así, no ar deste arume histórico, “El ángel que nunca fui”, título xeral da mostra ourensá, retranqueira expresión galega que se orixina nunha fonda desilusión súa con sete anos.
Comeza cunhas significadas imaxes, trece -mal número si no crece, en castelán, alusión relixiosa cristiá-, “Lembranzas” de esencias vitais. Así a da súa paixón polo balllet, que asocia aos danzantes da Virxe do Cristal en Vilanova dos Infantes, sempre homes, coas súas enaguas e cintas de cores sobre as brancas camisas, e a modelo-costureira subindo a escaleira coa Singer sobre a cabeza, a mesma que se xira no conxunto de “mulleres de terra”, todo elo en B/N. Nelas, Outumuro ábrese as veas nas breves narracións contextualizadoras do seu ser nun tempo, até os dez anos, na dura e escura posguerra, preto do extraordinario conxunto etnográfico dos trinta e catro canastros da aldea. Logo viría o traslado á capital provincial para estudar nos Maristas, comezos da vida fóra, e unha frenética e prolífica actividade como director de arte, ilustrador e deseñador gráfico para aboiar como fotógrafo aos 40 anos. Así “Escolmas”, unha manchea dos seus traballos, que acompañan aquelas.
E, en Ourense, Ana de Armas, Ariadna Gil ou Carla Crombien, inspirada en ‘Blade runner’, de Ridley Scott, que foi o cartaz do recente Ourense Film Festival 2024, sendo a mostra desta volta a aposta cultural
O maduro fotógrafo leva á Merca para “Mulleres de outros mundos” varias das internacionais modelos do glamour do cine e moda, utilizando canastros, baixos e primeiros andares das casas para Nicole Kidman, Mónica Belucci, María de Medeiros, Leticia Dolera, Marisa Paredes ou Juliette Binoche con Rinko Kikuchi na rodaxe de ‘Nadie quiere la noche’, de Isabel Coixet.
E, en Ourense, Ana de Armas, Ariadna Gil ou Carla Crombien, inspirada en ‘Blade runner’, de Ridley Scott, que foi o cartaz do recente Ourense Film Festival 2024, sendo a mostra desta volta a aposta cultural. Outumuro é autor, entre outros moitos traballos, do catálogo concibido para o inicio do Museo Balenciaga, sendo premiado en 2022 co prestixioso Lucie, equiparable aos Oscar, entregándollo no Carnegie hall de Nova York, sendo o primeiro autor español en recibilo. E o premio Ourensanía da Deputación, de onde nace o acordo desta mostra fotográfica na súa terra. Marabillado deste tour de force.
Contenido patrocinado
También te puede interesar