Stop Desahucios Lugo trata de frear o desaloxo dunha familia dunha vivenda na parroquia de Bascuas
O voceiro de Stop Desahucios Lugo, Gonzalo de Lis, confirmou que están a tratar de paralizar un desaloxo nunha casa unifamiliar na parroquia de Bascuas, na capital luguesa, polo atraso no
O voceiro de Stop Desahucios Lugo, Gonzalo de Lis, confirmou que están a tratar de paralizar un desaloxo nunha casa unifamiliar na parroquia de Bascuas, na capital luguesa, polo atraso no pagamento duns recibos. Segundo explicou De Lis, o banco denunciou esta familia ante o xulgado polo atraso no abono de seis recibos, aínda que a entidade financeira comprometera un período de carencia, e agora, segundo denuncia o colectivo, 'polas costas, o levan ao xulgado'.
'As cousas non se fan así', sostivo Gonzalo de Lis, quen anunciou que están a estudar o caso para levalo tamén ante a Xustiza por se habería cláusulas 'abusivas' no contrato. Precisa que 'de momento', o banco concede un prazo de 'alegacións' contra o desafiuzamento.
Ademais, criticou que se intente criminalizar este tipo de movementos, que 'disenten' das políticas do PP, en relación ás manifestacións da delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, que vinculou a estas plataformas con asociacións proetarras.
'Xa só lles queda criminalizar aos xubilados, aos parados, ás amas de casa e aos das preferentes; é dicir a todos aqueles que están a ser vítimas das súas políticas, en conivencia co poder financeiro,' concluíu De Lis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)