Seis de dez novos parques eólicos en Galicia 'poderían impactar' sobre hábitats prioritarios, segundo a SGHN
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) determinou que seis dos dez novos parques eólicos promovidos pola orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) determinou que seis dos dez novos parques eólicos promovidos pola orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 megavatios --o concurso eólico-- 'poderían ter impacto' sobre hábitats de consevación prioritaria da Unión Europea e 'todos eles poderían afectar', en maior ou menor grao, a especies vulnerables ou en perigo de extinción. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) determinou que seis dos dez novos parques eólicos promovidos pola orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 megavatios -o concurso eólico- 'poderían ter impacto' sobre hábitats de consevación prioritaria da Unión Europea e 'todos eles poderían afectar', en maior ou menor grao, a especies vulnerables ou en perigo de extinción.
Así o sinala esta entidade despois de comparecer no proceso de consultas sobre o impacto ambiental de dez novos parques eólicos - cinco na provincia de A Coruña, un na de Lugo, tres na de Pontevedra e un na de Ourense.
Tras analizar a documentación recibida, desvélase que 'seis dos novos parques eólicos poderían ter impactos directos sobre hábitats de conservación prioritaria e todos afectar a especies vulnerables ou en perigo de extinción', en distinto grao. Neste sentido, a sociedade da natureza solicitou á Consellería de Medio Ambiente que 'todos os proxectos se sometan a estudios de impacto ambiental'.
A este respecto, pide que se 'avalíen os efectos' sobre os hábitats de conservación prioritaria e as posibles alternativas para minimizalas; que se avalíen 'con detalle e rigor' as posibles afeccións do proxecto sobre as especies incluídas nos libros vermellos estatais e no catálogo galego de especies ameazadas, que se estude a mortaldade de anfibios e micromamíferos e das aves e quirópteros; que se baralle a inclusión de todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas; e que se avalíe os efectos acumulativos e/ou sinérxicos cos parques eólicos xa existentes nun radio dous quilómetros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)