Unha vela acendida causou o incendio dunha vivenda en Santiago
Unha candea que quedou acendida nun dormitorio foi, segundo informou a Europa Press o 112, o que causou o incendio nunha vivenda en Santiago este mesmo luns.
Unha candea que quedou acendida nun dormitorio foi, segundo informou a Europa Press o 112, o que causou o incendio nunha vivenda en Santiago este mesmo luns. O lume produciu danos no citado cuarto e na entrada da vivenda, mentres que o fume danou o resto das dependencias da casa e as zonas comúns do edificio.
En todo caso, segundo as mesmas fontes, este incendio nun céntrico inmoble da capital galega -unha primeira planta no número 3 da Avenida de A Coruña- só deixou danos materiais que lamentar.
A chamada que deu o aviso do incendio ao 112 produciuse ás 11.21 horas deste luns, e derivou coa mobilización da Policía Nacional, a Policía Local e os Bombeiros de Santiago. Estes necesitaron '15 minutos', segundo o 112, para sufocar as chamas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)