Santiago acolle dende este mércores un cumio mundial sobre enerxías renovables e sostenibilidade
Uns 400 especialistas de máis de 40 países reuniranse esta semana, entre os días 28 e 30, en Santiago de Compostela na Conferencia Internacional sobre Enerxías Renovables, que organizan
Uns 400 especialistas de máis de 40 países reuniranse esta semana, entre os días 28 e 30, en Santiago de Compostela na Conferencia Internacional sobre Enerxías Renovables, que organizan nesta ocasión as Universidades de Santiago e de Vigo. A décima edición deste encontro, que se desenvolverá no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, traerá a Compostela, segundo indica a USC, a destacadas personalidades científicas de numerosos países, en particular de Medio Oriente, India, Nepal, China, Estados Unidos, América Latina e Brasil, que presentarán máis de 500 relatorios.
A inauguración terá lugar ás 10.00 horas deste mércores nun acto no que participan o reitor da USC, Juan Casares Long; o alcalde compostelano, Gerardo Conde Roa; e a presidenta do comité local do congreso, a profesora da USC Ángeles López Agüera.
A continuación, Carlos de Palacio, de ABB Power Systems, pronunciará unha conferencia sobre solucións para sistemas con alta penetración de enerxía renovable.
O congreso, ademais de numerosas sesións paralelas, inclúe a intervención doutras cinco conferencias plenarias que correrán a cargo de Jian Sun, profesor no NY State Center for Future Energy Systems; Fernando Nuño, do European Copper Institute; Noor E. Alam Ahmed, profesor da Universidade de New South Wales de Australia; e Subhransu Sekhar Dash, do SRM Engineereing College de India.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)