Rueda subliña a contribución dos galegos emigrados a Andorra
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, destacou onte a contribución dos emprendedores galegos emigrados a Andorra para dinamizar a economía deste país, ao que tamén fan 'importantes
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, destacou onte a contribución dos emprendedores galegos emigrados a Andorra para dinamizar a economía deste país, ao que tamén fan 'importantes achegas sociais e culturais'. Rueda, que visita Andorra co secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, entrevistouse co conseller en cap, Antoni Martí, co que analizou as preocupacións e a situación dos 4.000 galegos que viven no Principado. Así, os responsables dunha e outra administración repasaron algunhas das peculiaridades do país, a economía da cal, sinalou a Xunta, depende 'en boa medida da española' e atravesa tamén unha situación de crise. Ademais, os representantes da Xunta inauguraron un cruceiro doado pola colectividade galega residente en Andorra ao municipio de Andorra a Vella, capital do país.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)