O xuizo de Fadesa contra Manuel Jove será o día 19 de decembro
O antigo presidente de Fadesa, Manuel Jove, e o ex-conselleiro delegado desta, Antonio de la Morena, están chamados a declarar no xuízo que comezará o 19 de decembro e no que se resolverá
O antigo presidente de Fadesa, Manuel Jove, e o ex-conselleiro delegado desta, Antonio de la Morena, están chamados a declarar no xuízo que comezará o 19 de decembro e no que se resolverá a demanda de acción social que presentou Martinsa-Fadesa contra eles, aos que lles reclama 1.576 millóns. Así o acordou na audiencia previa o maxistrado do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, Pablo González-Carreró, quen foi o encargado de tramitar o concurso de acredores da inmobiliaria Martinsa-Fadesa, o maior da historia de España.
O litixio que mantén desde marzo o presidente da compañía, Fernando Martín, cos antigos xestores de Fadesa céntrase nunha suposta sobrevaloración de polo menos 37 activos que a empresa presidida por Manuel Jove achegou no marco da fusión por absorción con Martinsa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)