O lingüista e tradutor lucense Basilio Losada recibe o Premio 'Otero Pedrayo'
O lingüista Basilio Losada, primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona, recibiu onte no Museo Provincial de Lugo o Premio 'Otero Pedrayo', patrocinado
O lingüista Basilio Losada, primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona, recibiu onte no Museo Provincial de Lugo o Premio 'Otero Pedrayo', patrocinado pola Xunta e as catro deputacións provinciais. O xurado, composto por representantes das entidades convocantes, así como das universidades da Coruña, Santiago e Vigo, a Real Academia Galega e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, deu a coñecer a decisión da XXXV edición deste premio, dotado con 30.050 euros, o pasado 27 de novembro. Basilio Losada, nado no municipio lucense de Láncara, é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, así como tradutor de decenas de libros de autores moi diversos, desde José Saramago a Rosalía de Castro. Xubilouse como catedrático no ano 2000, pero aínda imparte clases en programas de diversas universidades americanas. Antes deste galardón, xa recibira outros recoñecementos como o Premio Nacional de Tradución, a Creu de Sant Jordi, a Orde do Cruzeiro do Sul (Brasil) ou a Medalla Castelao, que concede a Xunta de Galicia.
En edicións anteriores do certame, o Premio 'Otero Pedrayo' recoñeceu figuras tan relevantes da cultura e a vida literaria galega como foron Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego ou Xosé Filgueira Valverde, así como institucións como o Museo do Pobo Galego ou a fundación que leva o nome do premio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)