O deputado Pedro Arias (PP) denuncia que sufriu un incendio 'intencionado' na súa casa de Culleredo
Un informe técnico do Laboratorio de Criminalística de la Guardia Civil determina que o incendio rexistrado na madrugada do 27 ao 28 de xaneiro deste ano na casa que o deputado popular Pedro
Un informe técnico do Laboratorio de Criminalística de la Guardia Civil determina que o incendio rexistrado na madrugada do 27 ao 28 de xaneiro deste ano na casa que o deputado popular Pedro Arias posúe en Culleredo (A Coruña) foi 'intencionado', se ben non apunta a posibles autores e, tanto o parlamentario, como o voceiro do PPdeG na Cámara, Pedro Puy, rexeitaron 'facer conxecturas'. Pedro Arias aproveitou a habitual rolda de prensa que Puy ofrece os luns, tras a reunión de grupo, para facilitar aos medios unha copia do informe criminalístico e relatar o acontecido no seu fogar, onde se produciu o incendio a finais de xaneiro mentres el e á súa esposa se atopaban deitados no seu cuarto.
Segundo explicou, oíron ruídos 'raros' e, cando intentaron abrir a porta do cuarto, comprobaron que 'non podían', o que os obrigou a refuxiarse no baño e a pedir axuda mediante un teléfono móbil. O deputado popular confesou que, inicialmente, el e a súa esposa temeron que se tratase dun roubo con violencia.
A interpretación técnica da Garda Civil conclúe que 'autores descoñecidos' orixinaron o lume tras a aplicación de 'lapa directa' sobre material 'combustible', dous sofás e un puf, que se achaban no salón. Así, os investigadores entenden que o lume non é de 'etioloxía accidental', a causa dun fallo eléctrico ou dunha persoa obrando 'sen intención', senón de 'etioloxía intencionada'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)