O BNG fará campaña baixo o lema 'Por Galiza' e presentarase como alternativa a un bipartidismo 'esgotado'
Aspira a 'converter o desencanto en acción' e convencer de que a elección non é entre 'o malo e o peor' O BNG fará campaña para as eleccións xerais do próximo 20 de novembro
Aspira a 'converter o desencanto en acción' e convencer de que a elección non é entre 'o malo e o peor' O BNG fará campaña para as eleccións xerais do próximo 20 de novembro baixo o lema 'Por Galiza' e coa intención de presentarse como a alternativa a un bipartidismo que xulga 'esgotado' e que 'coincide nas receitas que se aplican' para afrontar a crise.
A secretaria de Organización e directora de campaña do BNG, Montse Prado, e a secretaria de Imaxe Executiva, Ana Pontón, presentaron este mércores as ideas sobre as que construirán os actos de propaganda para os próximos comicios. Pontón destacou que o lema é 'claro e directo' e apostou por afondar en sistemas de participación cidadá, fronte a un bipartidismo, que inclúe ao PSOE e ao PP, que 'degrada o sistema democrático'.
Montse Prado afirmou que 'sen o BNG, Galicia non existiría' na política española nesta lexislatura, polo que se presenta á cita electoral de novembro 'co aval dun traballo moi ben feito' e coa vontade de convencer os galegos de que 'non escollen entre o malo e o peor' e pedirlles que aposten 'polo equipo de casa'.
O Bloque, defendeu, é 'a única alternativa para que Galicia teña peso na política do Estado'. A formación afronta a campaña 'moi consciente da importancia' das eleccións xerais, polo que fará actos centrados en explicar as súas propostas aos votantes. 'Vai ser unha campaña moi positiva, explicativa e a pé de rúa', indicou e asegurou que 'optimizarán' aos seus recursos humanos.
ACTOS EXPLICATIVOS
Neste momento, afirmou a secretaria de Organización, a política 'ten que estar en primeiro plano' e, por iso, o BNG optará por actos explicativos, con presenza do voceiro nacional, Guillerme Vázquez, e dos candidatos. Ademais, repartirá 100.000 folletos informativos.
Prado criticou que as 'sucursais' en Galicia de PP e de PSOE 'non dubidaron' en escoller os intereses do partido en Madrid e en antepoñelos aos de Galicia. Non obstante, argumentou que o lema dos nacionalistas quere dicir que 'Galicia é a prioridade absoluta do BNG'.
Así mesmo, censurou accións como a reforma da Constitución pactada entre socialistas e populares e identificou a 'necesidade de converter o desencanto en acción' e lograr que a 'indignación' de cidadáns se transforme en 'apoios ao BNG o 20 de novembro'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)