O BNG da Coruña reclama a retirada do título de fillo predilecto a José Luis Méndez
O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña reclamará no próximo pleno a retirada do título honorífico de fillo predilecto ao exdirector xeral de Caixa Galicia, José Luis
O Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña reclamará no próximo pleno a retirada do título honorífico de fillo predilecto ao exdirector xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, pola 'pésima xestión' á fronte da entidade financeira. O voceiro nacionalista, Xosé Manuel Carril, solicitou que se retire esta distinción, aprobada en 2006 por o daquela alcalde da cidade herculina Francisco Vázquez, porque 'mantelo como fillo predilecto da cidade só daría unha mala imaxe da Coruña'.
Pola súa banda, a concelleira nacionalista Ermitas Valencia insistiu en que 'con feitos máis que probados e con razóns máis que suficientes é de xustiza retirarlle esta honra ao exdirector de Caixa Galicia'. 'A xestión de José Luis Méndez López levou ao Estado español a necesitar un rescate externo', engadiu.
Así mesmo, segundo informa o BNG, Carril denunciou a indemnización cobrada por José Luis Méndez, afirmando que 'o prezo que pagou a antiga Caixa Galicia para poder dicirlle adeus a quen durante 29 anos ocupou a Dirección Xeral foi un retiro de 16,5 millóns de euros'.
Por ultimo, o nacionalista acusou a Méndez de 'encubrir a súa mala xestión incrementando a solvencia da entidade, colocando produtos complexos á clientela', en referencia ás participacións preferentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)