Kristina Berg, viúva de Carlos Casares, falece aos 64 anos

A intelectual e escritora Kristina Berg Casares, viúva do escritor galego Carlos Casares, faleceu onte en Vigo, aos 64 anos, vítima dun derrame cerebral.

2013070111542054772
2013070111542054772

A intelectual e escritora Kristina Berg Casares, viúva do escritor galego Carlos Casares, faleceu onte en Vigo, aos 64 anos, vítima dun derrame cerebral. A Xunta de Galicia trasladou á familia e persoas próximas as súas condolencias. Tal e como recordou o presidente Alberto Núñez Feijóo a traveso dun comunciado de prensa, Kristina Berg foi 'sempre unha muller de cultura e unha creadora' que, dende a súa Suecia natal chegou a Galicia para 'construír unha grande obra cultural, literaria e humana ao lado do seu marido, Carlos Casares'.

Da man de Casares e de Berg, Galicia recibiu 'o legado dun patrimonio ético, cultural e humano', a través tanto da súa obra intelectual coma dos seus fillos, Hakan e Christian Casares Berg. Neste campo, a Administración galega recordou o convenio de colaboración que a Fundación Carlos Casares, que presidía Kristina Berg, asinou coa Xunta en xuño do ano pasado para a cesión da biblioteca e do arquivo particular do escritor ourensano aos fondos da Cidade dá Cultura. Con iso, púxose a disposición dos galegos un legado formado por 6.000 libros, 7.000 documentos e 2.500 imaxes.

Segundo a web da editorial Galaxia, vencellada a Berg a traveso da Fundación Carlos Casares, pertencía ao grupo de escritoras que, nacendo fóra de Galicia, se incorporaron nos anos 70 e 80 á literatura galega.

Contenido patrocinado

stats