Falece Xosé Manuel Seivane, un dos grandes artesáns da gaita
O patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, un dos grandes artesáns galegos da gaita e avó da gaiteira Susana Seivane, faleceu esta mañá aos 90 anos.
O patriarca da familia Seivane, Xosé Manuel Seivane Rivas, un dos grandes artesáns galegos da gaita e avó da gaiteira Susana Seivane, faleceu esta mañá aos 90 anos. Nado en Fonmiñá-A Pastoriza (Lugo) en 1921, Xosé Manuel Seivane foi o impulsor dunha das sagas de artesáns recoñecidas dentro do mundo da gaita.
A tradición artística dos Seivane continúa coa súa neta, a gaiteira Susana Seivane.
O cadáver de Xosé Manuel Seivane foi trasladado ao tanatorio da avenida de Almeiras en Culleredo, confirmáronlle á Efe fontes do contorno familiar.
O enterro terá lugar o vindeiro domingo na parroquia de Ribeira de Piquín, en Lugo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)