Cela (BNG) esixe a dimisión inmediata de Currás pola 'situación insostible' do Concello de Santiago
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Rubén Cela, esixiu a dimisión inmediata do alcalde de Santiago, Ángel Currás, imputado por un suposto delito de tráfico no marco da Operación
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Rubén Cela, esixiu a dimisión inmediata do alcalde de Santiago, Ángel Currás, imputado por un suposto delito de tráfico no marco da Operación Pokémon, para restaurar 'a confianza da cidadanía na institución municipal' e pola situación 'absolutamente insostible' no Concello compostelano. En rolda de prensa celebrada este venres, Cela pediu a dimisión do alcalde 'por hixiene democrática, polo ben da imaxe pública de Santiago de Compostela, pola credibilidade deste concello como institución e para que a súa defensa non interfira no seu labor como alcalde e viceversa'.
Nesta liña, cargou contra 'o espectáculo ofrecido este ano e medio' por parte do Goberno popular de Santiago, que xera 'a deterioración da imaxe de Santiago de Compostela'.
'O determinante á hora de demandarlle a súa dimisión ao alcalde non é o feito en si da imputación, nin moito menos que se lle apliquen medidas preventivas, o determinante é o motivo desa imputación, a alarma social que crea, a desconfianza que lle produce o conxunto da cidadanía', recriminou Rubén Cela.
'PELEXAS INTERNAS NON DISIMULADAS'
Así, incidiu en que a últimas imputacións coñecidas do alcalde e o seu xefe de gabinete, tras a da concelleira de Educación e Política Lingüística, Rebeca Domínguez, afectan ao funcionamento ordinario do Concello de Santiago, posto que 'resulta evidente que o grupo de Goberno non está centrado en atender ás súas responsabilidades', senón en 'resolver este tipo de asuntos e nas pelexas internas xa nin disimuladas'.
Por todo iso, Rubén Cela reclama a dimisión do alcalde do Partido Popular, Ángel Currás, e esixe que se celebre neste mes de xaneiro o Pleno do Debate de Estado do Concello. 'Resulta cada vez máis evidente por que non se convoca, co obxectivo de cumprir o regulamento que determina que debe haber tres por mandato municipal e tal como están as cousas non se lle pode furtar este debate a cidadanía', reclamou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)