Aprende galego cos Bolechas
Bolífrono, agüelo, pedriódico ou esparatrapo. Todos sabemos dalgunha palabra mal dita polos nosos nenos o pro sus amigos.
Quen non coñece a Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa? Que neno galego non se sentiu identificado con algún deses personaxes que van a un parque ou a unha escola coma a súa. Os irmáns Bolechas son un modelo divertido que permite asociar a lingua galega a elementos positivos. Despois do éxito acadado coas súas historias en papel, debuxadas e escritas por Pepe Carreiro, e a súa entrada nos fogares galegos dende a televisión, ahora, e ata o vindeiro domingo, todos os seguidores da súa páxina en facebook -www.facebook.com/osbolechas-, poderán partipar no concurso organizado con motivo das Letras Galegas. Os Bolechasqueren facer así unha homenaxe á nosa lingua xogando coas palabras e a súa forma de escribirlas.
Nesta ocasión non se trata de escoller a palabra máis bonita, a intención é divertirse co galego. Cada participante deberá escribir palabras ou expresións mal ditas en galego por os máis cativos que, se ben non son correctas, son curiosas e moi simpáticas. Como din os propios irmáns 'todos descubrimos nalgún momento unha palabra ou frase que, formando parte do noso vocabulario habitual, non é exactamente correcta. Entre todos buscamos palabras e frases mal ditas polos vosos fillos, sobriños, netos... froito de situacións curiosas e graciosas'.
Na súa páxina en facebook, os irmáns Bolechas invitan ós galegos a escribir as súas propias anécdotas de cando eran nenos. En canto as palabras, eles mesmos citan algunhas como bolífrono, agüelo, pedriódico ou esparatrapo.
Para participar só hai que escribir a palabra elexida e conseguir o maior número de votos posible na páxina de facebook dos Bolechas. Os cinco 'descoidos' lingüísticos máis votados entrarán no sorteo dunha Biblioteca Básica Os Bolechas e de catro xogos de sete chapas dos Bolechas. Así, os cinco concursantes máis votados terán regalo seguro. A Biblioteca Básica Os Bolechas é o agasallo estrela. O agraciado será seleccionado mediante sorteo entre os finalistas e os catro participantes que non resulten gañadores serán obsequiados cun xogo de sete chapas dos populares irmáns galegos.
A Biblioteca Os Bolechas é unha das últimas novidades editoriais dos Bolechas. Está formada por doce tomos cun alto valor pedagóxico e ven acompañada da muuulecha, a maleta correcamiños dos Bolechas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)