Alergólogos, pediatras e fisioterapeutas abordan dende este venres en Guitiriz (Lugo) como convivir coas alerxias
Alergólogos, pediatras e fisioterapeutas, entre outros profesionais, reuniranse dende este venres, día 13, no Balneario de Guitiriz (Lugo) para abordar a problemática de como vivir coas
Alergólogos, pediatras e fisioterapeutas, entre outros profesionais, reuniranse dende este venres, día 13, no Balneario de Guitiriz (Lugo) para abordar a problemática de como vivir coas alerxias. Así, esta fin de semana celebrarase unha nova edición da Escola da Saúde do Balneario de Guitiriz baixo o título 'As alerxias: un problema de saúde máis alá da primavera'.
Os participantes analizarán, entre outros aspectos, como afectará os galegos que padecen esta doenza o feito dun inverno tan pouco chuvioso como o pasado, segundo informa a organización.
Ao respecto, os expertos advirten de que, malia que se podería pensar en que esta será unha primavera moderada con menores concentracións de poles, 'a situación verase agravada xa que a escaseza de chuvias carrexa un maior nivel de contaminación atmosférica nas nosas cidades', aseguran.
'Esta combinación de poles e contaminantes (sobre todo as partículas diesel) empeora a evolución das persoas alérxicas, provocando reaccións máis intensas e máis duradeiras, polo que xa se comeza a falar de alerxias perennes en vez de alerxias estacionais', resaltan os alergólogos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)