Lingua e música, da man nun ciclo no Conservatorio de Santiago
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela organiza un ciclo de conferencias para difundir o patrimonio musical de Galicia e o seu principal vehículo de creación e
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela organiza un ciclo de conferencias para difundir o patrimonio musical de Galicia e o seu principal vehículo de creación e transmisión: a lingua galega. 'A música na memoria' é o título desta iniciativa, que conta co apoio institucional da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O responsable do departamento, Anxo Lorenzo, e o director do conservatorio, Javier Otero, presentaron onte o ciclo de conferencias, que está dirixido, por unha banda, ao alumnado do conservatorio, para que coñeza a historia musical de Galicia e, por outra banda, ao todo o público en xeral interesado en achegarse a música galega.
Segundo explicou Anxo Lorenzo, 'ademais de difundir e de favorecer a conservación dunha riqueza inmensa como é o noso patrimonio musical, este ciclo de conferencias contribúe a que teñamos unha maior consciencia sobre o seu valor e importancia'. Un dos exemplos que destacou o secretario xeral foi o das cantigas tradicionais galegas, 'un tesouro musical, pero tamén lingüístico'.
DENDE O DÍA 15
A musicóloga e compositora suíza Dorothé Schubart que será a encargada de abrir o ciclo, o próximo 15 de decembro no conservatorio de Santiago, cun relatorio sobre a música galega de Nadal. Completan o ciclo outros dous relatorios. Un deles correrá a cargo do profesor do Conservatorio de Vigo Javier Jurado, que explicará o 19 de decembro os procesos de investigación, edición e publicación de partituras. O último relatorio tratará sobre a vida musical en Santiago a finais do XIX, que impartirá Miguel López Fariña, profesor de Historia da Música no conservatorio de Santiago.
Contenido patrocinado
También te puede interesar