Mar contempla Aldán para a batea depuradora
MAR
A Consellería do Mar anunciou onte que somete a información pública a orde pola que se declaran e clasifican as novas zonas de reinstalación de moluscos bivalvos procedentes de zonas C,
A Consellería do Mar anunciou onte que somete a información pública a orde pola que se declaran e clasifican as novas zonas de reinstalación de moluscos bivalvos procedentes de zonas C, en Aldán e Ferrol. O departamento que dirixe Rosa Quintana publicou na súa páxina web o borrador da Orde para posibles alegacións.
O borrador recolle que a zona comprendida entre a liña imaxinaria que une cabo Prioriño Chico e punta Coitelada e a liña imaxinaria que une a punta San Carlos e punta Segaño, na parte externa da ría de Ferrol, son aptas para colocar a batea de reinstalación. A maiores, o documento tamén reflicte que as cuadrículas 44 e 45 do polígono de Cangas-A situadas en Aldán, a carón da Ría de Pontevedra, tamén son aptas para desenvolver nelas o sistema de reinstalación.
Unha vez publicada a Orde no Diario Oficial de Galicia, as confrarías interesadas poderán trasladar os moluscos das zonas C á zona de reinstalación para a súa depuración e posterior venda en fresco.
A Consellería do Mar estima que permitirá recuperar en Galicia unha produción dunhas 450 toneladas anuais máis de moluscos bivalvos que xerarían arredor de 6 millóns de euros de valor no mercado. O departamento que dirixe Rosa Quintana lembra que esta nova fórmula dá un trato máis igualitario permitindo que todos os mariscadores de Galicia de confrarías que contan con zonas C teñan a posibilidade de rexenerar zonas e de producir máis.
O novo sistema da cumprimento ao Regulamento do Parlamento Europeo polo que se establecen normas de hixiene dos alimentos de orixe animal e no que se contempla a viabilidade da extracción do molusco para consumo en fresco sempre que se reubique previamente nunha zona declarada de reinstalación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)