O catedrático da USC Felipe Casanueva, novo presidente da Sociedade Española para o Estudio da Obesidade
O director científico do Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía
O director científico do Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía (Ise), xefe do Servizo de Endocrinología e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Felipe Casanueva, foi elixido novo presidente da Sociedade Española para o Estudio da Obesidade (Seedo). O nomeamento estaba previsto para esta tarde durante a clausura en Barcelona dos seus X Congreso Nacional. O doutor e catedrático Casanueva sucedeu nas súas funcións ao endocrinólogo catalán Xavier Formiguera Sala, que ocupaba a presidencia da Seedo dende 2007.
O director científico do CIBERobn convértese agora na primeira cabeza visible dunha agrupación que busca ser o punto de encontro e referencia para todos os profesionais -clínicos e básicos- relacionados co problema da obesidade en España.
A Seedo persegue dar a coñecer os avances científicos que se xeran nesta materia e que teñen repercusión directa sobre o conxunto da poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)