Traballo establece 705.000 euros para axudas ao programa 'Iniciativa Xove'
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas por importe de 705.000 euros a 'Iniciativa Xove', un programa de apoio a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos para o
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas por importe de 705.000 euros a 'Iniciativa Xove', un programa de apoio a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos para o desenvolvemento de proxectos de carácter innovador. Esta asignación ten un incremento do 1,4% con respecto a 2011, informou a Consellaría de Traballo e Benestar.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dependente desta consellaría desenvolve esta iniciativa para a posta en marcha de proxectos de carácter innovador, emprendedor e de fomento de actitudes creativas, entre outros.
Poderán ser levados a cabo non só polas asociacións xuvenís e entidades que lle prestan servizos á mocidade, senón tamén grupos de mozos que se unen para levar á práctica os seus proxectos e ideas.
O orzamento máximo de cada proxecto non poderá superar os 4.000 euros nin financiarse ao 100%, de aí a incompatibilidade de axuda con outras destinadas á mesma actuación. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes.
No 2011 financiáronse 269 proxectos, 145 a través de asociacións de ámbito provincial, 45 autonómico e 79 grupos informais de mozos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)