O grupo lugués Monbús compra a empresa do bus urbano de Alcalá
O grupo lucense de transporte Monbus adquiriu a empresa Autobuses de Alcalá, concesionaria do transporte urbano de Alcalá de Henares.
O grupo lucense de transporte Monbus adquiriu a empresa Autobuses de Alcalá, concesionaria do transporte urbano de Alcalá de Henares. Fontes do grupo galego destacaron que esta operación supón o 'asentamento definitivo da Monbus na Comunidade madrileña e unha importante apertura a un novo mercado'. A Monbus subliña que desta maneira continúa a súa estratexia de crecemento e expansión no transporte de viaxeiros por estrada (urbano e interurbano), a nivel nacional e internacional. Autobuses de Alcalá é concesionaria titular do servizo urbano de viaxeiros da cidade de Alcalá de Henares desde 1974 por concesión do Concello e depende do Consorcio de Transporte de Madrid. Realiza actualmente o servizo urbano que une os distritos e os barrios de Alcalá de Henares, cidade con case 205.000 habitantes.
Ademais, opera servizos discrecionais nacionais e internacionais e factura ao ano, aproximadamente, 14,5 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)