O BNG avisa o Goberno central da 'perigosa dinámica de recortes', que está a 'incrementar o paro e a crise'
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, advertiu ao Goberno central que a súa aposta por unha 'perigosa e perversa dinámica de recortes está a incrementar o paro e a
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, advertiu ao Goberno central que a súa aposta por unha 'perigosa e perversa dinámica de recortes está a incrementar o paro e a crise' e criticou que o teito de gasto aprobado polo Consello de Ministros para 2012, que sitúa o obxectivo de déficit no 5,8%, 'só traerá máis recortes, máis crise e máis paro'. Nun comunicado, tras coñecer as cifras marcadas polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Bruxelas, Jorquera asegurou 'alegrarse' de que agora Rajoy 'asuma o que o BNG defendeu' e 'contradiga o seu discurso da pasada lexislatura marcado pola obsesión por cumprir cos obxectivos de déficit' aínda que sinalou que, 'por moito que o suavice', seguirá 'abocando a drásticos recortes'.
A este respecto, o voceiro do BNG no Congreso considerou que 'estas marxes' de teito de gasto 'só anuncian outra escalada de recortes brutais' que terán como consecuencia 'o agravamento da crise e o incremento do paro' como, ao seu xuízo, 'demostran os datos que se deron a coñecer este venres'.
Neste sentido, criticou que as políticas do PP 'só fagan recaer os custos da crise nas clases baixas e medias', que permanecen 'asfixiadas por este tipo de políticas'. 'O Partido Popular e a Unión Europea están instalados nun círculo vicioso no que todo vai a peor. Unha dinámica que non pon couto á crise, senón que a incentiva', denunciou.
Ante estas cuestións, o nacionalista demandou o PP 'un cambio de dirección' e que 'adopte políticas de reactivación económica' como 'máis investimento público' e un 'expansión do gasto social para poder favorecer a creación de emprego, todo iso, combinado cunha 'reforma fiscal que eleve a presión impositiva sobre as rendas altas e persiga o escandaloso volume de fraude fiscal'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)