Unha estatua lembra os 100 anos de Carbalho Calero
O BNG critica que a Xunta esqueza unha data 'tan relevante para a cultura galega' como o centenario do nacemento do profesor galeguista e cre que debería sentir 'vergoña'
A vicevoceira do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, lamentou que a Xunta esquecese unha data 'tan relevante' para a cultura galega como o centenario do nacemento de Ricardo Carbalho Calero, un feito polo que opinou que a Administración autonómica 'debería sentir vergoña'. Así o manifestou a deputada nacionalista no acto de inauguración dunha estatua en honra ao catedrático galeguista na avenida Xoán Carlos I en Santiago, unha iniciativa da Fundación Meendinho á que asistiron representantes das tres universidades galegas e a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Santiago, Elvira Cienfuegos, entre outras personalidades.
Neste escenario, Ana Pontón sinalou que a formación nacionalista 'se sumou' a este acto en conmemoración 'dunha persoa que loitou toda a súa vida pola recuperación da lingua galega e a súa normalización', polo que mostrou o seu agradecemento 'a todas as entidades civís que homenaxearon 'ao primeiro catedrático de lingüística e literatura galega'.
Ademais, a nacionalista criticou que a 'máxima institución' de Galicia 'se esquecese' de este centenario 'tan relevante e significativo' para a cultura da comunidade, o que, segundo destacou, 'demostra unha vez máis a política antigalega que segue o Goberno popular'. Así mesmo, apuntou que o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, 'deberían sentir vergoña' pola 'política de menosprezo' e 'esquecemento dos creadores' na que a administración 'está empeñada a fondo'.
Ricardo Carbalho Calero foi profesor en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Doutor pola de Madrid. Ademais, o pensador foi un recoñecido membro da Real Academia Galega, e o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da USC. Precisamente, para conmemorar o nacemento desta figura varias entidades participaron na iniciativa que a Fundación Meendinho preparou para inaugurar unha estatua na súa honra en Santiago. No acto participaron membros da CIG e Asociación Galega da Lingua.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)