Un traballador forestal morre esmagado por unha árbore en Friol

SUCESOS/ACCIDENTE LABORAL

Un traballador portugués, José Avelino C.B, de 41 anos de idade, faleceu nesta mañá no municipio lucense de Friol ao lle caer enriba unha árbore, que o esmagou contra o chan pola zona

Un traballador portugués, José Avelino C.B, de 41 anos de idade, faleceu nesta mañá no municipio lucense de Friol ao lle caer enriba unha árbore, que o esmagou contra o chan pola zona do torso, segundo informaron a Efe fontes de Emerxencias 112 e da Garda Civil.

O accidente laboral ocorreu nunha zona forestal no lugar de Remesil, que pertence á parroquia de Vilafiz.

O home, que traballaba xunto a outros compañeiros en labores de limpeza do monte, era empregado dunha empresa portuguesa subcontratada por unha firma española.

Para auxiliar a vítima, a central de coordinación de Emerxencias do 112 mobilizou a Garda Civil e o servizo de Urxencias Sanitarias 061, que desprazaron ao lugar do accidente un equipo sanitario e un médico, que só puideron certificar a morte do traballador luso.

O cadáver do falecido foi trasladado a Lugo, onde lle será practicada a autopsia antes de entregarllo á familia.

Contenido patrocinado

stats