Protestas de traballadores de Navantia e afectados por preferentes obrigan á suspensión temporal do pleno en Ferrol
As protestas de medio cento de traballadores de Navantia e de afectados por preferentes impediron o inicio do pleno municipal de Ferrol, convocado para as 8.
As protestas de medio cento de traballadores de Navantia e de afectados por preferentes impediron o inicio do pleno municipal de Ferrol, convocado para as 8.30 horas, e que foi suspendido polo alcalde, o popular José Manuel Rey Varela. O pleno convocado este luns correspóndese coa sesión ordinaria que se tiña que celebrar o pasado xoves e que non puido desenvolverse ante as protestas de medio millar de persoas, entre as que se atopaban, ademais de traballadores de Navantia e de afectados por preferente, doutros colectivos, como os empregados do recinto feiral ou membros de Stop Desahucios.
Os manifestantes amosaron pancartas nas que se len frases como 'culPPables' ou 'incomPPetentes' e nas que fan referencia á 'morte do naval' e ás quitas para os afectados por preferentes.
No momento no que os membros do goberno local fixeron a súa entrada no salón plenario, fixéronse constantes cánticos de protesta como 'menos narcos e máis barcos', 'menos chourizos e máis traballo', 'sen flotel e sen dique, a bisbarra vai a pique' ou 'menos mentiras e máis traballo', que impediron dende o primeiro momento o inicio do pleno, malia as peticións de 'silencio' de José Manuel Rey, que manifestou que 'aquí se garante a liberdade de expresión'.
Sobre as 8.45 horas o rexedor chamou os voceiros municipais para manter unha reunión que concluíu dez minutos despois. Malia un novo intento de reiniciar a sesión plenaria, o alcalde decidiu 'suspender temporalmente' o pleno, debido ás protestas dos traballadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)