Persisten a influencia anticiclónica, os ceos despexados e as xeadas
O TEMPO
O tempo en Galicia manterase mañá estable, pola influencia anticiclónica, que propiciará ceos despexados, aínda que persistirán as xeadas nas bisbarras do interior, segundo a
O tempo en Galicia manterase mañá estable, pola influencia anticiclónica, que propiciará ceos despexados, aínda que persistirán as xeadas nas bisbarras do interior, segundo a predición de MeteoGalicia.
Soprarán ventos de dirección variable que serán moi frouxos en xeral.
As temperaturas manteranse estables e persistirán as xeadas en bisbarras do interior.
As mínimas e máximas previstas para mañá martes en Galicia, son as seguintes: A Coruña 4°-14°, Cuntis 3°-14°, Ferrol 4°-14°, Fisterra 5°-14°, Lalín - 3°-12°, Lugo - 3°-13°, Monforte - 3°-13°, O Barco - 2°-15°, Ortigueira 3°-14°, Ourense - 1°-16°, Pedrafita - 2°-8°, Pontevedra 4°-16°, Ribadeo 2°-14°, Santiago de Compostela 2°-13°, Verín - 6°-15°, Vigo 5°-15°, Vilagarcía 4°-15°, Viveiro 2°-14°.
Previsión marítima:
Na Costa Cantábrica soprarán ventos de dirección variable, forza 2 a 3 pola mañá e 1 a 2 pola tarde, con maraxe a mar rizado. A visibilidade será boa e haberá mar de fondo do norte con ondas de 0,5 a 1,5 metros pola mañá e de 0,5 a 1 metros pola tarde.
O vento entre Ártabro e Bares será, tamén, de dirección variable, forza 2 a 3 pola mañá e 1 a 3 pola tarde, con maraxe. A visibilidade será boa e haberá mar de fondo do norte con ondas de 0,5 a 1,5 metros pola mañá e de 0,5 a 1 metros pola tarde.
Na Costa da Morte o vento predominante será de dirección variable, forza 1 a 3, con maraxe. A visibilidade será boa e haberá mar de fondo do norte con ondas de 0,5 a 1,5 metros pola mañá e de 0,5 a 1 metros pola tarde.
O vento nas Rías Baixas soprará de dirección variable, forza 1 a 3, con maraxe. A visibilidade será boa e haberá mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)