Os grupos provinciais do BNG e PSOE cuestionan a distribución do goberno da Deputación de Pontevedra
Os grupos provinciais do BNG e PSOE cuestionaron este venres o modelo do goberno da Deputación de Pontevedra, de forma que, durante o pleno con carácter extraordinario, censuraron a
Os grupos provinciais do BNG e PSOE cuestionaron este venres o modelo do goberno da Deputación de Pontevedra, de forma que, durante o pleno con carácter extraordinario, censuraron a distribución feita polo presidente, Rafael Louzán, que delegou todas as áreas de goberno da institución provincial entre os seus 17 deputados, segundo o ámbito xeográfico no que foi elixido. Deste xeito, o voceiro do grupo provincial do BNG, César Mosquera reprochou que esta remodelación tan só se coñeza 'de palabra', xa que non consta en ningún documento oficial o que, ao seu xuízo, dificulta a interlocución co goberno provincial e confunde o administrado xa que os deputados 'carecen de competencias', crítica á crítica sumouse o grupo socialista.
Pola súa banda, o deputado popular, José Manuel Figueroa, que este mesmo venres asumiu a presidencia do pleno ao non acudir Louzán, respondeu ás críticas de Mosquera argumentando que o grupo de goberno está 'unido, plural e cohesionado', e que as cousas funcionan 'razoablemente ben'. 'Eu diría que moi correctamente', resaltou.
Mosquera tamén criticou a supresión de organismos autónomos anunciada por Louzán, que eliminará os da Caixa de Anticipos, da Escola de Canteiros, do IPESPO, do CPAM e da Escola de Enfermaría. A este respecto, o edil nacionalista asegurou que non entendía esta decisión, porque 'non eran quioscos'.
Pola súa banda, Figueroa recordou que o motivo do devandito recorte coa conseguinte redistribución de persoal busca un 'aforro de custos para unha maior capacidade resolutiva'.
PONTEVEDRA STOP CO2
A Deputación Provincial de Pontevedra optará ás axudas que concede a Fundación Biodiversidade do Ministerio de Medio para financiar o Proxecto Pontevedra Stop CO2 que incide na redución da emisión de gases de efecto invernadoiro na provincia. O acordo foi aprobado por todos os grupos da Corporación Provincial.
As accións que pretende realizar a Deputación consisten na posta en funcionamento dun software de avaliación que permita realizar un inventario e unha primeira auditoría sobre a emisión de gases nos concellos; o deseño de proxectos propios para alcanzar esta redución; a posta en marcha dunha web de compra de bonos de carbono compensado; e campañas de divulgación.
FIGUEIRIDO-MARÍN
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na habitual xunta dos venres, a adxudicación á empresa Sercoysa da obra 'dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma da Estrada provincial Figueirido-Marín' por un importe de 642.382,05 euros.
Ao concurso presentáronse 16 empresas e o goberno provincial optou pola adxudicación a Sercoysa que se comprometeu a executar a obra nun prazo de sete meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)