O xulgado decreta prisión para o presunto autor de agresión sexual en Lugo
SUCESOS
O Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou hoxe o ingreso en prisión dun veciño de Lugo de 30 anos e natural da República Dominicana, como presunto autor da violación dunha
O Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretou hoxe o ingreso en prisión dun veciño de Lugo de 30 anos e natural da República Dominicana, como presunto autor da violación dunha muller á que coñecera días antes nun establecemento de hostalaría no que traballaba.
A Xefatura Superior de Policía de Galicia informou nun comunicado de que os feitos se produciron o pasado 23 de decembro, no domicilio do detido, onde levou a súa vítima, á que presuntamente obrigou a entrar pola forza no seu dormitorio onde logrou consumar a violación.
Na versión policial precísase que o suposto autor do feito logrou, mediante un engano, levar a vítima ata a súa casa e unha vez que entraron no vestíbulo colocou un sofá contra a porta para obstaculizar a saída da muller.
A seguir puxo música cun volume elevado, o que impediu que os veciños escoitasen os berros da vítima no transcurso da agresión sexual.
A detención efectuouse a primeira hora do pasado venres 24, unha vez que as investigacións realizadas permitiron a identificación da persoa agora encarcerada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)