O Goberno galego sufragará os custos da obtención do dominio '.gal' en Internet
Poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan a fomentar a cultura O Consello da Xunta deu luz verde á Secretaría Xeral de
Poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan a fomentar a cultura O Consello da Xunta deu luz verde á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para achegar un total de 213.000 euros á Asociación PuntoGal para financiar os custos da obtención do dominio '.gal' en Internet.
Segundo explicou a Administración autonómica, o obxectivo é establecer un dominio en Internet para a Comunidade cultural e lingüística galega, baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da cultura galega.
Precisamente, ao termo da reunión semanal do seu Goberno, o presidente Alberto Núñez Feijóo destacou que con este 'dominio propio en Internet' haberá 'constancia específica de Galicia no mundo', o que traerá 'enormes vantaxes'.
A maior parte deste importe, 145.000 euros, corresponde a matricúlaa que esixe a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (Icann) para poder presentar a candidatura, un proceso que se ten que completar antes do día 13 de abril.
Ademais, como detallou a Adminitración galega, o Icann esixe a constitución dun aval para 'garantir' a xestión do dominio durante polo menos tres anos, un aval que neste caso se eleva 44.000 euros.
Así mesmo, o resto do importe abrangue a contratación dun servizo de apoio de carácter administrativo, así como a participación de PuntoGal nas actividades que o Icann ou outras entidades vinculadas realizarán este ano, e inclúe o material informativo e promocional necesario para a participación do domingo galego nestes eventos.
APOIOS
A Xunta explicou que en total son 109 as entidades adheridas a PuntoGal, incluídas as principais institucións culturares -como a Real Academia Galega- ou educativas -como as tres universidades-, así como máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades e países como Portugal, Francia, Suíza, Arxentina ou Uruguai.
Por último, o Executivo galego recordou que a Asociación PuntoGal foi constituída co fin de conseguir a creación do dominio '.gal' en Internet, para o que realizou nos últimos anos os trámites necesarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)