O Concello de Pontevedra critica á Xunta por privatizar a escola infantil de Monte Porreiro e subir as taxas
ESCOLAS INFANTÍS
A concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces, criticou este martes a 'onda privatizadora' da Xunta e a suba das tarifas aplicadas ao servizo público de escolas infantís,
A concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces, criticou este martes a 'onda privatizadora' da Xunta e a suba das tarifas aplicadas ao servizo público de escolas infantís, 'dúas noticias confluyentes e coherentes'. 'A maior privatización, máis caros saen os servizos, xa que ao custo básico do persoal hai que engadir os beneficios empresariais', censurou. Así, Carme Fouces cualifica de 'moi negativo' o incremento do 20 por cento nas cotas das escolas infantís e que a futura xestión da escola de Monte Porreiro se vaia realizar a través dunha empresa privada, en vez de directamente polo departamento autonómico correspondente.
'A suba das taxas fai recaer o custo nas clases máis desfavorecidas, xa que a cidadanía accede á oferta de prazas a través dun baremo que cumpren rendas por debaixo da media', sinalou a edila.
Ademais, segundo a concelleira nacionalista, a medida afecta tamén ás políticas de igualdade de xénero, posto que o incremento repercute, sobre todo, nas mulleres e nas familias monoparentais. En palabras da concelleira Fouces, 'os servizos de benestar non deben ser un negocio nin responder ao afán recadador'.
Á marxe das críticas do concello, tamén foi posto en cuestión polo sindicato CIG, que denunciou a decisión do Goberno galego de 'privatizar' 17 escolas infantís de nova apertura.
Así, a CIG sinala que a contratación da xestión da gardaría de Pontevedra se realiza dende a súa apertura ata o 31 de agosto de 2014, un período que excede a actual lexislatura, polo que a actual Xunta vincula decisións do futuro Goberno autonómico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)