O capitán da Garda Civil Jesús del Río recibe a Medalla ao Mérito da Seguridade Vial

O capitán da Garda Civil Jesús del Río Caamaño, que exerceu como cooordinador galego do dispositivo de tráfico do Xacobeo, recibiu a Medalla ao Mérito da Seguridade Vial, nun acto

O capitán da Garda Civil Jesús del Río Caamaño, que exerceu como cooordinador galego do dispositivo de tráfico do Xacobeo, recibiu a Medalla ao Mérito da Seguridade Vial, nun acto celebrado na subdelegación del Gobierno en A Coruña. O acto contou coa presenza do subdelegado do Goberno, José Manuel Pose; o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Manuel Ferreiro; o xefe Provincial de Tráfico de A Coruña, Pedro Pastor; o xefe da Comandancia da Garda Civil de A Coruña, Benedicto González e o xefe da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Galicia, José Hermida.

A concesión desta medalla premia a longa traxectoria do capitán Caamaño na Agrupación de Tráfico da Garda Civil, de máis dun cuarto de século, onde ocupou o cargo do xefe do Destacamento de Tráfico de A Coruña ata o seu ascenso a capitán en abril do ano pasado. Durante 2010 exerceu, ademais, de coordinador galego do dispositivo de tráfico vinculado ao Ano San Xacobeo

Contenido patrocinado

stats