O BNG pregunta se a Xunta lles ofrece marisco 'contaminado' aos 'pobres'
PESCA CONTROL
O BNG presentou unha iniciativa ante o Parlamento de Galicia para preguntarlle á Xunta que fai a Consellaría de Medio Rural e do Mar co marisco 'contaminado' e se llelo ofrece aos 'pobres',
O BNG presentou unha iniciativa ante o Parlamento de Galicia para preguntarlle á Xunta que fai a Consellaría de Medio Rural e do Mar co marisco 'contaminado' e se llelo ofrece aos 'pobres', segundo un comunicado divulgado hoxe por esa formación.
Na nota, o deputado Bieito Lobeira indica que os resultados das análises efectuadas ao marisco 'reinstalado' nunha batea depuradora de Ferrol van acompañados dunhas 'anotacións' dun responsable da Xunta nas que pregunta sobre o seu destino: 'Vólvese sementar ou se lles dá aos pobres?'.
Por iso, pregunta se ese produto tóxico foi nalgunha ocasión ofrecido a entidades benéficas.
As análises na mencionada plataforma de cultivo de marisco mostran un 'elevado índice de contaminación que impide a súa comercialización', indica o deputado do BNG, que considera que esa iniciativa de intentar depurar é un 'fracaso'.
Segundo o parlamentario autonómico, xunto aos datos das análises hai unha serie de 'anotacións persoais da xefa de servizo de recursos mariños da Delegación territorial da Coruña nas que se le literalmente: 'curioso resultado, a fina e xaponesa de a pé de Barallobre a peor...A Coruña ben e Corcubión mal...que se fai coa de Corcubión?'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)