O BNG pide que se aplique o 'despedimento obxectivo' a exdirectivos de NCG para evitar 'indemnizacións millonarias'
O BNG sinalou este martes que 'o lóxico' é que se aplique a lexislación laboral e, polo tanto, o 'despedimento obxectivo' aos exdirectivos das caixas galegas e, posteriormente, de
O BNG sinalou este martes que 'o lóxico' é que se aplique a lexislación laboral e, polo tanto, o 'despedimento obxectivo' aos exdirectivos das caixas galegas e, posteriormente, de Novacaixagalicia (NCG) pola súa mala xestión á fronte das entidades. Así o manifestou en rolda de prensa a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, quen sinalou que 'se NCG Banco entende que son prescindibles -os exdirectivos anteriores- , é que a súa xestión non foi positiva'.
Fernández Davila subliñou que, 'curiosamente', as 'indemnizacións millonarias' foron estipuladas antes de que estes directivos abandonasen os seus cargos, e apuntou que 'se'deberían ir máis persoas das que se foron'. 'Hai xente na dirección de NCG que leva moitos máis anos que os que se foron', engadiu.
Por outra banda, o BNG insistiu na necesidade de que a Xunta se faga co 51 por cento de NCG Banco e en que se poña en marcha 'inmediatamente' unha comisión de investigación sobre o proceso de fusión das caixas, a xestión dos seus responsables, a auditoría encargada polo goberno galego para a integración das entidades, entre outros aspectos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)