O albariño Condes de Albarei recibe a medalla de prata do XIV Concurso Internacional de Viño de Xapón

O albariño Condes de Albarei recibiu a medalla de prata da XIV edición do Concurso Internacional de Viño de Xapón celebrado en Tokio entre os días 26 e 28 de xullo.

O albariño Condes de Albarei recibiu a medalla de prata da XIV edición do Concurso Internacional de Viño de Xapón celebrado en Tokio entre os días 26 e 28 de xullo. Segundo explicou a adega nun comunicado, un total de 1.249 viños de 26 países diferentes foron inscritos e catados por un xurado formado polos 'máis prestixiosos profesionais' do panorama vinícola internacional vinícola internacional, 'sendo Condes de Albarei 2010 o albariño Rías Baixas mellor cualificado' Deste xeito, este premio súmase ao 'éxito' conseguido en Londres no 'prestixioso' concurso internacional do viño 'International Wine Challenge' no que Condes de Albarei foi galardoado con outra medalla de prata.

Ata a data, a adega explicou que 'xa suma numerosos premios' que 'exaltan a calidade' dos seus viños como o premio á Cooperación 2010 da Xunta, ao 'mellor produto do ano' da HG.

Contenido patrocinado

stats