O 112 xestionou máis de 450 incidencias relacionadas co temporal en Galicia
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou un total de 456 incidencias relacionadas co temporal de vento e chuvia na Comunidade entre a media noite e as 16.00 horas deste venres.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou un total de 456 incidencias relacionadas co temporal de vento e chuvia na Comunidade entre a media noite e as 16.00 horas deste venres. En total recibíronse no 112 máis de 3.000 chamadas neste período. Moitas das incidencias -182- tiveron que ver coa caída de árbores e ramas. Así mesmo, rexistráronse 66 incidencias relacionadas con auga en estradas, 51 por desprendementos de terra e 17 por caídas de carteis. Tamén se atenderon anegamientos en casas e rúas, problemas eléctricos e derrubas.
Por provincias, en Pontevedra producíronse un total de 254 incidencias, das que 98 foron por caída de árbores e ramas. Na Coruña tiveron lugar 131 incidentes, dos cales 64 foron caídas de árbores; na de Ourense de contabilizaron 49 intervencións e en Lugo houbo 22.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)