Novo servizo xurídico 'online' para mulleres maltratadas
A Secretaría Xeral de Igualdade pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico 'online' a través do que se ofrecerá información 'personalizada e gratuíta' ás usuarias,
A Secretaría Xeral de Igualdade pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico 'online' a través do que se ofrecerá información 'personalizada e gratuíta' ás usuarias, mulleres e vítimas de violencia de xénero. O departamento autonómico precisou que o obxectivo desta iniciativa é 'facilitar ás mulleres o coñecemento dos seus dereitos e axudalos así a que adopten as decisións máis axeitadas en cada momento'. Xustificou a iniciativa en que 'son numerosos os casos de mulleres inmersas en ámbitos de violencia de xénero que descoñecen os dereitos que lles asisten', tales como a interposición dunha denuncia ou que 'unha correcta exposición dos feitos e dos fundamentos de dereito ao longo de todo o proceso son determinantes para unha resposta xudicial máis efectiva'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)