Medio Rural solta 5.000 crías de salmón no río Lérez en Campo Lameiro (Pontevedra)
A Consellería de Medio Rural soltou este venres 5.000 crías de salmón no río Lérez ao seu paso polo termo municipal de Campo Lameiro, nunha 'aposta pola recuperación e posta en
A Consellería de Medio Rural soltou este venres 5.000 crías de salmón no río Lérez ao seu paso polo termo municipal de Campo Lameiro, nunha 'aposta pola recuperación e posta en valor do salmón atlántico nos ríos galegos'. Na provincia de Pontevedra -xunto coa de Lugo-, concéntranse as poboacións máis importantes dentro da Comunidade galega, destacou o titular do departamento autonómico, Samuel Juárez, durante o acto.
Segundo explicou o conselleiro, hai que ter en conta a 'enorme sensibilidade' desta especie no límite do seu hábitat sur -dentro de Europa-. 'De aí que se deseñase e se estea a aplicar un ambicioso plan de recuperación do salmón', subliña a Xunta.
Juárez tamén deu conta de que a pasada tempada se cumpriu a cota de capturas nos ríos salmoneros galegos, cun total de 169 exemplares -algo máis do dobre que nas de 2009 e 2010-.
Engadiu que se van soltar nesta compaña, en todos os ríos galegos, uns 260.000 crías de salmón, a maioría (230.000) nos ríos de Pontevedra e ata 125.000 no Lérez.
En canto á tempada de 2012, o responsable autonómico avanzou que se prolongará dende o 1 de maio ata o 31 de xullo e non haberá modificacións na cota de captura en relación coa campaña anterior en ningún río galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)