Medicina ofertará para o curso 2012-2013 un total de 380 prazas
Os estudos de Medicina ofrecerán un total de 380 prazas para o curso 2012-2013, segundo a proposta acordada hoxe no Consello para a Docencia Clínica.
Os estudos de Medicina ofrecerán un total de 380 prazas para o curso 2012-2013, segundo a proposta acordada hoxe no Consello para a Docencia Clínica.
Esta proposta realizouse despois do estudo de diversos informes, como o elaborado pola Consellaría de Sanidade sobre previsión de necesidades de titulados en Medicina, que conclúe que a actual oferta de prazas de novo ingreso sobrepasa as necesidades previstas de médicos na Comunidade e que esa tendencia se mantén para a próxima década.
Esta proposta será elevada á Conferencia de Política Universitaria, que se celebrará o próximo mes de maio en Madrid, informou a Xunta nun comunicado.
Entre outros asuntos, o Consello tamén emitiu un informou favorable á declaración como universitarios dos complexos hospitalarios de Ourense e Lucus Augusti, de xeito que poderán ser empregados sen restricións en todas as titulacións en Ciencias da Saúde e en todo o sistema universitario de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)