Ingresa en prisión o veciño de Vilagarcía (Pontevedra) acusado de intentar agredir sexualmente a súa filla
O veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) que o pasado domingo foi detido por intentar abusar sexualmente da súa filla, de 29 anos de idade, foi enviado a prisión tras incumprir a
O veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) que o pasado domingo foi detido por intentar abusar sexualmente da súa filla, de 29 anos de idade, foi enviado a prisión tras incumprir a orde de afastamento que lle impuxo o xuíz. Foi a propia filla do presunto agresor a que denunciou na Comisaría de Policía que o seu pai, L.B.B., regresara ao domicilio familiar, incumprindo a orde xudicial que lle fora imposta.
Tras recibir a denuncia, os axentes policiais compareceron na vivenda do L.B.B., que foi de novo detido. Tras comparecer, nesta ocasión ante a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 2, decretouse o seu ingreso en prisión por incumprir a orde de afastamento que lle fora decretada poucas horas antes.
Segundo as investigacións policiais, Luis B.B., veciño de Carril, chegou o sábado pola noite á súa casa bebido e intentou abusar da súa filla de 29 anos. A moza, segundo figura na denuncia, estaba na súa cama cando o pai entrou no seu cuarto e se botou sobre ela coa intención de agredila sexualmente.
A vítima conseguiu zafarse do seu agresor e chamar á Comisaría de Policía de Vilagarcía, que enviou unha patrulla que, unha vez no domicilio, procedeu á detención do presunto agresor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)