Farjas asegura que Galicia aplicará o catálogo de fármacos 'tal cual' ata que 'se aclare' o sistema de real decreto
SANIDADADE
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asegurou que o catálogo de fármacos se seguirá aplicando 'tal cual' ata que 'se decida' e 'se aclare' o sistema de aplicación de real decreto por
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, asegurou que o catálogo de fármacos se seguirá aplicando 'tal cual' ata que 'se decida' e 'se aclare' o sistema de aplicación de real decreto por que os médicos receitarán por principio activo e non por marca. En declaracións aos medios tras unha visita aos novos locais do Centro de Transfusión de Galicia en Ourense, Farjas recordou que 'Galicia deu o primeiro paso' e demostrou que 'a aplicación de criterios de eficiencia eran imprescindibles'.
Así, fixo fincapé en que o catálogo representa unha medida que era 'necesario tomar' no 'conxunto de España', e considerou o modelo do Ministerio de Sanidad unha 'copia' do sistema galego pero en versión 'mala', xa que no caso de Galicia 'é o médico' o que 'elixe sempre o fármaco concreto' para o seu paciente'.
Ademais, comentou que o real decreto non ten en conta a importancia de garantir a continuidade terapéutica dos pacientes que se atopan en situacións 'máis complexas', como os crónicos, anciáns e polimedicados.
Con todo, Farjas insistiu en que o seu departamento seguirá aforrando onde sexa 'posible' para 'seguir investindo na mellora de atención' os pacientes e nas 'prestacións sanitarias'. 'Estaremos ao tanto para ver qué adaptacións hai que realizar. Galicia sempre cumpre a lei', sentenciou Farjas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)