Especialistas da Garda Civil investigan unha denuncia por suposto abuso a un menor de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Axentes do grupo Especialistas Muller-Menor (EMUME) da Garda Civil de Pontevedra investigan dende este xoves o caso dun neno de 12 anos, residente en Ponte Caldelas, a nai da cal denunciou na
Axentes do grupo Especialistas Muller-Menor (EMUME) da Garda Civil de Pontevedra investigan dende este xoves o caso dun neno de 12 anos, residente en Ponte Caldelas, a nai da cal denunciou na comisaría da Policía Nacional de Pontevedra os presuntos abusos sufridos polo seu fillo por parte dunha persoa adulta do mesmo ámbito xeográfico da familia. A muller formalizou a denuncia o pasado mércores día 14 e esta xa foi trasladada ao Xulgado de garda, que a ten pendente de asignar un dos xulgados de instrución para facerse cargo dos trámites. Á súa vez, e debido a que o caso é alleo á súa demarcación, a Policía Nacional de Pontevedra remitiu a denuncia á Benemérita, que ata o momento non practicou ningunha detención.
Por parte do concello de Ponte Caldelas, o seu alcalde, Perfecto Rodríguez, sinalou que os Servizos Sociais municipais carecen de datos sobre a identidade da familia afectada, polo que non se dispuxo ningún mecanismo de atención especializada neste caso, que o rexedor local explicou que se debe xestionar 'coas máximas reservas e dentro do ámbito xudicial'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)