Detido un varón en Vigo tras insultar e agredir un policía que lle pedía os datos tras causar danos nunha vivenda
Agentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 65 anos de idade e de iniciais A.O.C. como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade, tras insultar e agredir un
Agentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 65 anos de idade e de iniciais A.O.C. como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade, tras insultar e agredir un policía que lle pedía os datos por causar danos nunha vivenda. Sobre as 16.30 horas do martes unha patrulla desprazouse á rúa Canicouva, onde unha muller lles explicou que un tractor que estaba a realizar labores de roza nun terreo lindante lle rompera un cristal, pois varias pedras saíran disparadas contra a vivenda, e que o condutor non se quería facer cargo dos danos.
Segundo informan as forzas de seguridade, cando os axentes trataban de identificar o home para realizar un informe dos feitos, este negouse a dar os seus datos, 'mostrándose moi agresivo con insultos e ameazas'. Posteriormente abalanzouse sobre un axente, a quen tratou de propinar un puñazo, se ben tras o forcexo puido ser finalmente detido.
Por outra banda, a Policía Local arrestou na madrugada deste mércores a unha muller de 42 anos de idade, natural de Brasil aínda que veciña de Vigo e de iniciais L.N.C.L., como presunta autora dun delito contra a seguridade vial, pois foi sorprendida circulando á altura da Praza de Isabel la Católica malia carecer de todo tipo de permiso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)