Detido por un suposto delito contra a saúde pública un veciño de Vigo ao que interviñeron unha bolsa con heroína
Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, F.J.G.M., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, F.J.G.M., de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública. A detención produciuse, segundo fontes policiais, na noite deste luns, cando unha patrulla que circulaba pola Avenida de Castelao viu un home que lles infundía sospeitas.
Os axentes déronlle o alto e, ao pedirlle a súa identificación, o home mostrou unha actitude nerviosa. Nun cacheo superficial, a Policía atopou nun peto do seu pantalón unha bolsa cunha substancia que parecía heroína.
O home alegou que a droga era para consumo propio pero, ao tratarse dunha cantidade que 'excedía con moito a previsión normal dun consumidor', os axentes detivérono e puxérono a disposición xudicial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)