Detido en Vigo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcohol permitida e que impactou contra dúas árbores
Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de nacionalidade chilena e de 43 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade do
Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de nacionalidade chilena e de 43 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico e ao que tamén lle imputan danos, por conducir baixo os efectos do alcohol e impactar contra dúas árbores. Os feitos tiveron lugar sobre as 21.15 horas do venres, cando unha patrulla acudiu á rúa Hernán Cortés, tras ter coñecemento de que un condutor estaba baixo os efectos do alcohol.
Unha vez no lugar, e segundo o relato das testemuñas, descubriron que o home se meteu no seu coche, un BMW serie 5, e iniciou a marcha. Un das testemuñas tratou de impedirllo/llelo, ao ver que camiñaba cambaleándose, pero o condutor arrancou igualmente e, ao manobrar marcha atrás, invadiu unha zona axardinada e impactou contra dúas árbores.
Finalmente, esta testemuña logrou introducir un brazo pola xanela do vehículo e quitoulle as chaves. Ante esta actuación, o condutor apeouse do coche e empezou a dar patadas e a causar estragos noutros turismos estacionados. Así o atopou a Policía cando chegou ao lugar.
Os axentes do 091 solicitaron a presenza do servizo de Atestados da Policía Local, para realizar o home a proba de alcoholemia. Este test botou un resultado de 0.98 mg/l, o que cuadriplica a taxa máxima permitida, polo que o condutor -que non ten antecedentes policiais- foi detido e posto a disposición do xulgado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)