Detido en Vigo por agredir a súa muller ante o seu fillo, que alertou a Policía
A Policía Local de Vigo detivo a J.R.V.V., de 59 anos, por agredir supostamente a súa muller ante a presenza do seu fillo, de 14 anos, que foi quen deu a voz de alerta aos axentes, informaron
A Policía Local de Vigo detivo a J.R.V.V., de 59 anos, por agredir supostamente a súa muller ante a presenza do seu fillo, de 14 anos, que foi quen deu a voz de alerta aos axentes, informaron hoxe fontes policiais.
Os feitos ocorreron sobre as 16.35 horas de onte cando os axentes atoparon o menor na rúa cun pau de golf na man e suplicáballes que o acompañasen ao seu domicilio porque o seu pai estaba 'tolo' e estaba maltratando a súa nai.
Cando se aproximaban ao interior do edificio, os policías encontráronse cun home visibelmente alterado, con manchas de sangue na camisa e unha ferida na cara, e que o mozo recoñeceu como o seu pai.
A nai, que neses momentos estaba no interior dun vehículo 'moi nerviosa', segundo o relato policial, declarou que cando viu que o seu marido estaba levando os efectos da vivenda, seguiuno ao garaxe e reprochoulle o seu comportamento.
Nese momento produciuse unha forte discusión na que o home a suxeitou polo pescozo, abaneouna e propinoulle varias puñadas na cara, e ademais ameazouna con matala.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)