Dúas investigadoras galegas do Centro Oncolóxico de Galicia, premiadas en Europa por un estudio sobre esperma
ANTIAGO DE COMPOSTELA Dúas novas investigadoras do Centro Oncológico de Galicia foron premiadas no último congreso da European Environmental Mutagen Society (EEMS), celebrado
ANTIAGO DE COMPOSTELA
Dúas novas investigadoras do Centro Oncológico de Galicia foron premiadas no último congreso da European Environmental Mutagen Society (EEMS), celebrado entre o 15 e 18 de setembro, por un traballo sobre un estudio realizado sobre a fertilidade.
O traballo, 'Swin-up Procedure selects a sperm population with longer telomere length and lower frequency of DNA fragmentation', recibiu o premio 'Mutagenesis/Oxford University Press Poster Award'.
A técnica 'Sperm Chromatin Dispersion' (SCD) fora desenvolvida no Laboratorio de Xenética Molecular e Radiobiología del Centro Oncológico de Galicia, en colaboración co Inibic e a Universidade Autónoma de Madrid.
O test serve para detectar a presenza de ADN fragmentado no núcleo dos espermatozoides, o cal pode estar relacionado con certos casos de infertilidade. Trátase dunha técnica innovadora, as principais calidades da cal son a 'rapidez, sinxeleza, fiabilidade, reproducibilidade e baixo custo', segundo destaca o Centro Oncológico de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar