Cardiólogo aconsella elixir o tratamento inflamatorio en función da duración, dose e situación clínica do paciente
SANIDADE
Os cardiólogos deben ter en conta, á hora de elixir un tratamento antiinflamatorio, a duración, a dose e a situación clínica do paciente, así como o seu risco gastrointestinal e do
Os cardiólogos deben ter en conta, á hora de elixir un tratamento antiinflamatorio, a duración, a dose e a situación clínica do paciente, así como o seu risco gastrointestinal e do perfil de seguridade do antiinflamatorio. Así o sinalou o doutor José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, durante o I seminario web sobre o manexo dos AINE, organizado por Pfizer. Este encontro, titulado 'Novos conceptos no manexo dos AINE: perspectiva do cardiólogo', contou coa asistencia de máis de medio centenar de especialistas, entre cardiólogos, reumatólogos, médicos de Atención Primaria, de medicina interna e traumatólogos, que seguiron o seminario conectados dende sedes en A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
Para esta sesión utilizouse información extraida das recentes publicacións nas que se avaliou a seguridade cardiovascular dos AINE en xeral e comparando entre si tanto aos AINE tradicionais coma aos inhibidores selectivos da COX-2. Destes estudios pódese concluír que, xunto con naproxeno, celecoxib é un dos AINE con maior seguridade cardiovascular.
'Á hora de prescribir o tratamento antiinflamatorio máis axeitado é fundamental realizar unha estimación do risco cardiovascular de cada paciente', sinala este experto, quen sinala que, para iso, se debe ter en conta se o paciente presenta factores de risco cardiovascular coñecidos ou se é diabético, se sufriu algún accidente cardiovascular e se é un paciente polimedicado.
Para o doutor González Juanatey, celecoxib demostrou que, fronte aos AINE tradicionais, 'posúe un menor risco de padecer hemorraxia dixestiva e reduce o risco de anemia que, en último termo, se traduce tamén nunha maior seguridade cardiovascular que outros AINE xa que a anemia se asocia cun incremento do risco cardiovascular'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)