Caramelo presenta un ERE que afecta 201 empregados para 'evitar o peche'
Caramelo presentou un ERE que afecta 201 empregados 'para evitar o peche', segundo concretou hoxe a firma téxtil, que precisou que a maior parte dos despedimentos se producirán en puntos de
Caramelo presentou un ERE que afecta 201 empregados 'para evitar o peche', segundo concretou hoxe a firma téxtil, que precisou que a maior parte dos despedimentos se producirán en puntos de venda e fóra de Galicia. A firma anuncia que deseñou un plan de viabilidade que contempla unicamente o mantemento das unidades de negocio rendíbeis.
Tal e como avanzou despois de solicitar o concurso voluntario de acredores no pasado mes de abril, Caramelo presentou nesta mañá perante a autoridade xudicial competente o ERE anunciado pola empresa, que remarcou que o obxectivo é evitar o peche da compañía, cuxas perdas operativas no último exercicio ascenderon a 15 millóns de euros.
Está previsto que o expediente de regulación de emprego afecte un total de 201 persoas, a maior parte de fóra de Galicia, das que 82 pertencen á central situada na Coruña, e 119 a tendas.
A partir de agora, abrirase o período de negociación dun mes co comité de empresa, que xa foi informado nesta mañá da presentación do ERE, así como o resto do equipo humano da empresa.
Ao mesmo tempo, a dirección informa de que explicou aos empregados e ao propio comité as grandes liñas do plan de viabilidade en que se encadra a medida.
Este documento, elaborado co horizonte posto no ano 2018, contempla o mantemento unicamente das unidades de negocio rendíbeis, descartando as que presentan perdas de forma recorrente.
En consecuencia, pasarase de 15 a 6 tendas propias, mantendo abertas as dúas que ten na Coruña (praza de Lugo e Marineda City), a de Santiago de Compostela e as de Barcelona, Bilbao e Oviedo.
Con respecto aos córner no El Corte Inglés, reduciranse de 103 a 42.
Non obstante, o ERE foi proposto como de máximos, polo que é posíbel que en función da evolución comercial nos próximos meses se decida manter algún outro punto de venda aberto.
Alén diso, eliminaranse tamén o resto de vías de distribución, como as canles franquías e multimarca, en nacional e internacional, e pecharanse tamén os outlets.
O plan contempla outras medidas que teñen como obxectivo acometer melloras na área de produto abordando coleccións máis comerciais, así como un mellor equilibrio entre a produción e a demanda do mercado.
Alén diso, estudaranse diversas fórmulas que permitan incrementar a rendibilidade doutros ámbitos da empresa, como a loxística ou a función comercial.
A dirección de Caramelo implementará este plan de viabilidade en dúas fases e na primeira delas, que se prolongará até finais de xullo, contémplase o mantemento da actual estrutura para dar saída á colección de primavera-verán de 2013 e a adquisición de produto para a tempada de outono-inverno, xa adaptada ao número de tendas obxectivo.
A partir do día primeiro de agosto, na segunda fase, iniciarase o novo modelo de negocio coas 6 tendas e 42 córner que se manterán abertos.
No referente aos acredores, está previsto que antes de xaneiro de 2014 se poida pechar o convenio con eles.
Con esta perspectiva, Caramelo pretende alcanzar o punto de equilibrio no ano 2015 e consolidar a situación económica da firma ao longo do exercicio de 2016, unha vez afianzada a nova dimensión da compañía.
Neste escenario de recuperación, a medio e longo prazo a empresa non descartaría a posibilidade de recuperar as canles multimarca e franquía, que tradicionalmente estiveron presentes no modelo de negocio de Caramelo.
Na reunión desta mañá, a dirección trasladou aos empregados e ao comité de empresa que esta formulación é a única posíbel para intentar garantir o futuro da compañía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)