Cambre (A Coruña) crea unha horta social para traballar a inclusión social de colectivos
A Concellaría de Voluntariado de Cambre (A Coruña) inaugurará nas próximas semanas a primeira horta urbana con carácter social e que será xestionada por un grupo de persoas
A Concellaría de Voluntariado de Cambre (A Coruña) inaugurará nas próximas semanas a primeira horta urbana con carácter social e que será xestionada por un grupo de persoas voluntarias pertencentes ao programa municipal de voluntariado do Concello. Segundo explica a casa do concello, como proxecto piloto, comeza cun terreo de propiedade municipal de máis de 4.000 metros situado na estrada Cambre-Temple. No terreo establecerase un uso exclusivo como horta e actividades agrícolas e formativas a través do voluntariado.
Segundo manifestou o concelleiro de Voluntariado, Fernando Caride, será unha horta de carácter social que terá como obxectivos fundamentais a cohesión entre os veciños, voluntariado e o barrio onde se asenta.
Ademais, preténdese que sexa unha agricultura ecolóxica, segundo indican fontes municipais, baseada nunha planificación hortícola tradicional e de recuperación de produtos autóctonos libre de abonos, pesticidas, herbicidas, que estea integrada no barrio, unha horta organizada e compartida.
'Quen se encarga de coidar e cultivar debe ser consciente do que supón tomar parte deste proxecto, pero confiamos plenamente en todos os voluntarios que sempre nos dan exemplo en todo o que participan', concluíu o edil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)