Blanco inicia mañá accións penais por calumnias na operación Campión
O ministro de Fomento, José Blanco, emprenderá mañá nos xulgados de Lugo accións civís e penais por un 'delito de calumnias' na denominada operación Campión, na que o
O ministro de Fomento, José Blanco, emprenderá mañá nos xulgados de Lugo accións civís e penais por un 'delito de calumnias' na denominada operación Campión, na que o empresario lucense José Dorribo o acusou de recibir comisións a cambio de facer xestións en favor da súa empresa.
Nun comunicado, Blanco reitera que as acusacións de Dorribo que foron publicadas por un medio de comunicación, en referencia a El Mundo, son 'rotundamente falsas'.
Mañá presentará en Lugo 'o escrito polo que se dá inicio ás accións civís e penais como consecuencia dun delito de calumnias', engade o sucinto comunicado.
El Mundo publicou onte que Dorribo, acusado nunha presunta trama de corrupción, lle confesou ao xuíz pagamentos ao ministro José Blanco e tamén a dous deputados autonómicos, Pablo Cobián (PP) e Fernando Blanco (BNG)
Onte dimitiu Cobián dos seus cargos no Parlamento e no Concello coruñés de Oleiros e hoxe renunciou ao seu escano Fernando Blanco, ambos os dous tras negar as acusacións do empresario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)